Enxeñería Aeroespacial ten a nota de corte máis alta do campus

Marta Vázquez Fernández
Marta Vázquez OURENSE

OURENSE CIDADE

Os alumnos que queiran acceder deberán ter unha media de 11,78

11 jul 2017 . Actualizado ás 17:28 h.

Enxeñería Aeroespacial volve ser a titulación coa nota de corte máis alto do campus de Ourense. Por segundo ano consecutivo, o grao, exclusivo en Galicia, esixirá moito nivel aos seus novos estudantes, que deberán ter unha media de 11,78. Así o comunicou esta mesma mañá a CIUG, que tamén dá conta de que Enfermería será a segunda titulación coa nota de acceso máis alta do campus local, con 10,3. A simultaneidade entre Administración e Dirección de Empresas e Dereito tamén se atopa entre as máis esixentes, cunha nota de corte de 10,2. Mañá mesmo ábrese o primeiro prazo para matricularse nas universidades galegas e as titulacións ourensás parecen estar a espertar moito interese entre o novo alumnado.