Viaqua alerta dunha posibe estafa por persoas que din ser traballadores da empresa

La Voz

OURENSE CIDADE

Os individuos preséntanse nos domicilios da capital e solitan o pagamento de importes pendentes

28 jun 2017 . Actualizado ás 21:15 h.

Viaqua, empresa que presta o servizo municipal de auga en Ourense, advirte que é posible que se estean producindo casos de estafa por persoas alleas á empresa que se están fan pasar por empregados da mesma. Segundo as informacións solicitadas, estes individuos preséntanse nas vivendas afirmando ser empregados de Viaqua solicitando o pagamento en efectivo dalgún importe pendente, e comunicando ao usuario afectado que lle cortarán a subministración de auga de xeito inmediato se non abona o importe solicitado. Desde Viaqua lémbrase aos clientes que a empresa non realiza ningún tipo de cobro en efectivo de recibos en domicilio e que os empregados sempre van uniformados e identificados. Ante calquera dúbida recoméndase aos usuarios que contacten directamente coas súas oficinas, ben por teléfono chamando ao 988 250 088; ou de xeito presencial acudindo ás mesmas na rúa Avilés de Taramancos nº 6 baixos.