Carambola

OURENSE CIDADE

27 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Entre as oito acepcións que o dicionario da Real Academia Española concede á palabra carambola fíxose case cotiá esa que alude a unha «casualidade favorable». Oímola varias veces e leste mesma fin de semana foi utilizada con reiteración para cualificar o agónico -e aínda así merecidísimo- ascenso do Club Deportivo Arenteiro.

O certo é que o feito de depender dun terceiro -o Rápido de Bouzas- axustábase a ese pretendido azar que podía resultar, ao cabo, vantaxoso para os carballiñeses; pero á hora de tirar de dicionario, quedaría coa acepción que describe carambola como: «Lance do xogo de billar no que a bóla guindada toca a outras dúas». Incluso quen nunca utilizamos un taco sabemos como vai ese entretemento que hai anos foi virtuosismo nos vellos salóns recreativos, nada que ver cos que hoxe invaden modernas máquinas.

E a fazaña xestada en Espiñedo ten máis que ver co anello billar. O persoal de Manel Vázquez golpeou co efecto necesario a primeira bóla. Exacta intensidade e dirección. E a pesar de todo, o de golpear a segunda complicouse e custou o seu. Seguramente ata caeu algunha bágoa tras o empate do Grove ou a remontada do Ourense Cf. Lembro que un vello amigo me repetiu en numerosas oportunidades a frasecita: «O equipo do teu pobo xa está ascendido».  O traballo estaba feito, sin duda, pero faltaba a guinda. O ambiente na casa verde foi do mellor do fútbol galego ao longo da tempada e ao final foi necesario agardar aos mozos de Salinas. Si, foi unha carambola, pero que ben tirada.