O PSOE reclama un proxecto de rehabilitación para o Xardín do Posío

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

MIGUEL VILLAR

Consideran que o espazo verde está abandonado

28 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O PSOE levará ao pleno do Concello de Ourense a situación do Xardín do Posío, para o que pide un proxecto de rehabilitación. O grupo municipal socialista apela á importancia que este espazo ten para a memoria histórica da cidade. Así, lembra que se creou ao redor de 1846 grazas á iniciativa de mestres da cátedra de Física, Química e Historia Natural do antigo Instituto de Segundo Ensino. Dotárono de plantas traídas do Xardín Botánico de Madrid, reunindo ata duascentas especies. Pero o PSOE non mira só ao pasado senón que, sobre todo, sinala ao futuro do Posío. Aseguran que nos dous últimos anos acadou «as cotas máis altas de abandono», responsabilizando diso ao goberno do PP. Esixe unha partida orzamentaria para a rehabilitación deste espazo verde en pleno centro da cidade.