Ourense degusta a nova comida como unha seda

La Voz

OURENSE CIDADE

A Food Trucks Fest continúa no Xardín do Posío

27 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe e mañá • De 12.00 a 24.00 horas • Xardín do Posío en Ourense • Continúa o programa do segundo Food Trucks Fest Ourense. Ás doce volverán servir comida as diferentes camionetas instaladas, e tamén será o momento no que os máis pequenos da casa poderán subirse gratis aos inchables (achegando billetes de consumo na feira), ata as dúas. Á unha haberá sesión vermú con Pop-Eye Covers Band. Música mentres se gozar probando as diferentes propostas gastronómicas. Ás seis e media os nenos poderán volver usar os inchables; e ás nove soará de novo a música en directo con Pop-Eye Covers Band. A medianoite pecharanse as camionetas, que volverán abrir (e servir comida) mañá durante todo o día.