A nova ponte dos Peares atópase no percorrido do rali de Ourense

Ch. Gutiérrez

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

A proba celebra as súas vodas de ouro

29 abr 2017 . Actualizado ás 22:43 h.

O Rali de Ourense celebrará as súas vodas de ouro con numerosos e interesantes cambios no seu percorrido e días. Tal e como adiantara La Voz de Galicia hai uns meses, o centro neurálxico será a coñecida como «Cidade do Transporte» en San Cibrao das Viñas -lugar onde ata a data se celebraba o tramo espectáculo-. Outra novidade na organización é a disputa a dobre xornada da proba, a tarde do venres 9 e a mañá do sábado 10 de xuño.

Os tramos da edición das vodas de ouro serán A Peroxa, Esgos -con variacións no seu percorrido-, Toén tamén con modificacións, Luintra-Melias, o Canón do Sil e, a maiores, o novo San Pedro-Loureiro, que utiliza a nova ponte dos Peares. Neste caso, o seu desenvolvemento atópase pendente de aprobar a súa autorización.

Xardín do Posío

Novas pinceladas no percorrido dunha proba que utilizará o xardín do Posío como estancia no seu paso pola cidade, para realizar a cerimonia de saída, parque pechado e entrega de premios na noite do sábado.

No apartado meramente deportivo agárdanse sorpresas na nómina de participantes, e a presenza de vehículos de outrora nunha especia de «legends» con pilotos doutros tempos, e unha extensa lista de participantes que se achegarán a Ourense a sumar puntos para os seus certames uns, e outros para celebrar os cincuenta anos de vida dunha proba que é algo máis que un rali para ser un referente deportivo e social na cidade.