Recoñecen a Viaqua pola súa baixa sinistralidade laboral

La Voz

OURENSE CIDADE

A empresa pon en marcha un programa sobre hábitos saudables

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Viaqua, concesionaria do servizo da auga en Ourense, foi recoñecida, en base ao estipulado no Real Decreto 231/2017, pola súa baixa sinistralidade laboral durante o ano 2016. A empresa súmase á celebración do día mundial da seguridade e saúde no traballo cun programa sobre hábitos saudables dentro da empresa.