Novos institutos e centro de profesorado en Ourense

La Voz

OURENSE CIDADE

Non dispoñible

O presidente da Xunta visitaba a cidade e Maceda para a inauguración das instalacións

27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Xornada maratoniana do presidente da Xunta de Galicia en Ourense para levar a cabo tres inauguracións doutros tantos proxectos promovidos pola Consellería de Educación. Manuel Fraga Iribarne, que estivo acompañado do presidente do Parlamento de Galicia e dos conselleiros de Educación, Cultura e Agricultura, procedeu a inaugurar o sexto insituto da cidade, que leva o nome do artista ourensán Julio Prieto Nespereira -a súa irmá participou no acto e regalou ao centro un gravado do falecido creador-. Do Vinte e un trasladouse ao barrio da Cuña, onde se creou o Centro de Formación Continua do Profesorado -o primeiro de Galicia que conta con edificio propio-. A terceira inauguración tiña como referencia Maceda: o instituto, que é tamén centro de Formación Profesional, pon fin á provisionalidade de varios anos en locais prestados.