Absolto dun atraco tras 17 meses en prisión, agora reclama prexuízos

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

miguel villar

«Fredi» Sorga asegura que o pasamontañas que o incriminaba nin estaba usado

25 sep 2016 . Actualizado ás 18:59 h.

Dezasete meses en prisión dan para moitas horas de ximnasio, para practicar deporte, para perfeccionar o manexo da escoba e tamén para pensar, para ver a contorna e sentir vítima de agravios comparativos. A Fernando Frederico Sorga detivérono en abril do 2015 pola súa presunta participación nun roubo violento no chalé dun construtor en decembro do 2013. Da comisaría ao xulgado e de aí ao cárcere. Case dezasete meses pasou no centro penal de Pereiro. Este mes de setembro recuperou a liberdade, absolto, despois de que a Audiencia de Ourense revogase unha sentenza que en maio o condenaba a máis de sete anos de prisión. Está satisfeito, pero tamén doído. Sostén que o encarceraron, xulgárono e condenárono sen probas, polo que xa encargou á súa avogada, Ana Carniceiro, que prepare unha demanda contra a administración para reclamar danos e prexuízos polo ocorrido.

A policía chegou a «Fredi» porque nunha conversación telefónica intervida, cando se investigaba un roubo na Cuña, xurdiu ese nome como participante naquel atraco. «Seica son eu ou único Fredi que hai aquí», pregúntase este fillo de ourensán e portuguesa, que naceu en Espinho en 1978, viviu ata fai catro anos en Suíza, onde aprendeu os manejos da hostalería, que lle permitiron traballar en Mallorca varias tempadas. «Teño dobre nacionalidade. E falo cinco idiomas: alemán, italiano, inglés, portugués e español, todos eles mellor que o español», aclara. Frecuenta locais de ambiente latino, aclara, pero iso non debería ter influencia.

«Eu estou convencido de que se ese roubo non fora en casa dunha persoa moi coñecida, non tería ido a por min con tan pouco como tiñan», reflexiona agora, en liberdade. Un pasamontañas, subliña, é o único que a policía achou na súa casa. «Estaba novo, sen usar e sen ADN de ninguén. Pois bastou con iso e coa declaración dun menor», subliña.

Da estancia en prisión dóelle especialmente que en dezasete meses non puido ver á súa filla. «Ten sete anos. Eu non quería que me vira alí. Falaba con ela. Dicíalle que estaba traballando, en Suiza, e que logo volvería. Agora, cada vez que saio da casa teño que dicirlle que non se preocupe, que non marcho».

Pasou no ximnasio todo o tempo que puido. «Sempre tentei ter moita calma. Non é unha cárcere do terceiro mundo, pero estás nunha cárcere. Tés que convencerte todos os días para estar tranquilo», di Fredi, que aínda o pasa mal, segundo afirma, pola sensación de que haberá xente que o vexa e crea que foi el quen cometeu aquel feito. «Eu non son un delincuente deses que a policía pilla vinte ou trinta veces e que acaban saíndo en liberdade cando pasan polo xulgado», di, a modo de contraste, para subliñar o que ve como agravio comparativo. «Mentres estiven dentro vin saír xente, casos concretos, acusados de homicidios, de mortes, con unha fianza de 3.000 euros e sen que lles retiraran o pasaporte», afirma, sen deixar de insistir en que foi detido e inicialmente condenado «para que se vira, porque a vítima era unha persoa moi coñecida en Ourense».

El discurso de Fernandou Frederico, despois de case dezasete meses en prisión co epílogo dunha sentenza que o exculpa de delito algún, non deixa de facer referencia a », «como está a comisaría de Ourense: que empecen por poñer orde elescomo a principal sospeitosa daquela presunta trama de tráfico de drogas saíu en liberdade en menos de dous meses e como outros casos se resolveron con condenas que el ve benignas en comparación cos seus dezasete meses de «prisión pola cara».

Que o mozo que o acusou e logo retractouse actuou inicialmente baixo algún tipo de presión é algo que sospeita, segundo di, pero non sabe os motivos. Que haxa quen crea que algo terá tido que ver asúmeo con resignación: «Vivirei sempre con iso. Non se pode evitar».