«Pon unha foto na rúa»

La Voz

O Carballiño

cedida

Ou'Potiños celebra o Día da Fotografía cos carballiñeses

28 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Carballiño • Desde as dez da mañá • A Asociación Ou'Potiños do Carballiño celebra hoxe o Día Internacional da Fotografía. E farao fotografando ás familias carballiñesas que así o desexen. Trátase dun proxecto sociocultural, de carácter participativo, no que se quere observar a fotografía desde distintos puntos de vista: o do fotógrafo, como artista; o dos veciños, como comunicadores; e o do público, como crítico ou modelo. Son palabras de José Luis Diz, membro do colectivo, na presentación da iniciativa. A asociación tamén pide aos carballiñeses que acheguen fotografías das súas familias. As imaxes exhibiranse en taboleiros, na zona dos soportais onde, ademais, instalarase un estudo de fotografía para retratar a quen así o desexen. Se o ano pasado foron fotos individuais e en branco e negro este ano serán familiares e en cor.