O PP afianza a súa maioría en Leiro a costa do PSOE

La Voz

LEIRO

Os socialistas gañan na entidade menor de Berán

01 jun 2015 . Actualizado ás 13:27 h.

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández Pérez, rubricou unha nova vitoria nas eleccións municipais. E fíxoo sumando un concelleiro á conta dos socialistas. O PP contará durante os próximos catro anos con 6 edís, fronte aos tres que se reparten os partidos da oposición: PSOE, Agrupación Independente de Leiro (A.I.L.) e o BNG. No caso da entidade menor de Berán, a victoría foi para o PSOE e pola mínima. 84 votos conseguiron os socialistas por 83 o PP (o BNG obtivo 22). Tomás Lorenzo Fariña será o presidente da entidade.