Luar na Lubre gravará o seu próximo disco na Ribeira Sacra

La Voz

ESGOS

Ana Garcia

O grupo contará co apoio da Deputación de Ourense

28 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Luar na Lubre gravará o seu próximo traballo na Ribeira Sacra, que abarcará os ámbitos musical e audiovisual. Incluirá gravacións localizadas no Mosteiro de San Pedro de Rocas, no río Sil e en diferentes paraxes de Ribeira Sacra, incorporando elementos característicos da zona como a figura do afiador e o seu idioma, o barallete. O grupo contará co apoio da Deputación de Ourense.