Sara Inés Vega revalida a alcaldía do PSOE con maioría absoluta

María Cobas Vázquez
María Cobas O Barco

CASTRO CALDELAS

Santi M. Amil

Un fallo informático cambiou os resultados nos datos oficiais do Ministerio

26 may 2015 . Actualizado ás 21:17 h.

Sara Inés Vega estaba onte exultante despois de que as urnas lle desen a alcaldía de Castro Caldelas, que ostenta desde hai uns meses tras a dimisión do veterano Eladio Osorio, cunha folgada maioría absoluta que lle deixa con seis concelleiros fronte aos tres do PP. Un resultado que aínda non aparece nos rexistros do Ministerio do Interior, que en cambio sinala que son 4 os edís logrados polo PSOE, tres o PP e dous o BNG. «Foi un erro», explica Vega . Un erro da persoa encargada de transmitir os datos a través da PDA coa que se enviaban despois á xunta electoral central. «A persoa encargada de transmitir os datos meteu mal os dunha mesa, dándolle ao BNG os nosos resultados, e a nós os deles», sinalaba Vega . Dicía que onte mesmo presentaron as actas para que agora o Ministerio corrixa o dato e déalle a maioría. Coa subsanación do erro, o BNG quedará fóra da corporación.