Callos, empanada e porco celta enchen hoxe as mesas

La Voz

ALLARIZ

LOBIOS E ALLARIZ. Hai actividades durante todo o día. 

23 ago 2015 . Actualizado ás 05:00 h.

Lobios dáse hoxe unha panzada de callos limiaos e de porco celta nunha comida que comezará no polideportivo municipal ás 13.30; previamente, ás 12.00, inaugurarase a Feira de Artesanía. Por 10 euros pódense comer callos en cazuela de barro conmemorativa, empanada de raxo de porco celta, embutidos e sobremesa. Ás 19.30 celebrarase a Carretada, con carros de bois tirados por equipos humanos de diferentes aldeas da zona.

En Allariz o deporte discorrerá con máis suavidade polo Arnoia. A regata de piragüismo comeza ás 11.00 no embarcadoiro da Alameda. Ás 12.00, desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo De pé feito. Ás 13.00 e ás 20.00, concerto da Banda de Caldas de Reis. Ás 19.00, concerto de Trio Vaamonde Lamas e Romero , que presentan o seu novo disco «Ou tambor de prata». Ás 21.30, baile e verbena na Alameda.

O prato forte da xornada dominical en Allariz será ao mediodía. A media mañá abrirá o recinto gastronómico instalado no Campo de Vilanova, a beiras do Arnoia. Os panadeiros ofrecerán durante todo o día empanadas de distintos sabores e masas, desde os máis tradicionais aos innvoadores, incluíndo variedades doces para servir como sobremesa.