Un carril de espera e unha semiglorieta darán máis seguridade á OU-504 nesta zona
29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.Cun investimento de máis de 150.000 euros, a Xunta mellorou o acceso e a seguridade na ligazón da OU-504 á altura das instalacións da Mancomunidade do Ribeiro. A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, supervisou onte os traballos en compaña dos técnicos, dos responsables da empresa adxudicataria do proxecto e dos alcaldes da comarca. A zona soporte un volume de tráfico importante e optouse por crear un carril central de espera e unha semiglorieta para facilitar o cambio de sentido.
A estrada conta con viarias de servizo nesta zona, co que se puideron realizar as obras en terreos de dominio público, sen ter que recorrer á expropiación de parcelas para o proxecto.