A Xunta anuncia a posta en marcha de 19 obradoiros de emprego na provincia

La Voz

OURENSE

En conxunto, destinaranse 4,6 millóns de euros ao desenvolvemento destes proxectos

22 jul 2017 . Actualizado ás 14:45 h.

A Xunta de Galicia porá en marcha un total de 19 obradoiros de emprego na provincia de Ourense para fomentar a formación e o acceso a un traballo beneficiando a un colectivo de 355 persoas. A desenvolver estes proxectos destinaranse 4,6 millóns de euros, segundo indicouse desde a onsellería de Economía, Emprego e Industria. Aínda que non se anunciou onde se celebrarán os mesmos, si se adiantou que «levaranse a cabo 14 obradoiros xerais e 5 específicos para menores de 30 anos a través do Sistema de Garantía Xuvenil para seguir impulsando ou emprego entre a mocidade».