A substitución de Iván Feijoo deixou a Galicia á porta do podio

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

CC MACEDA

A actuación do allaricense foi a oitava mellor de todas as categorías

22 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A proba do Team Relay abriu os Campionatos de España de BTT XCO que se celebran na localidade valenciana de Cofrentes e o júnior Iván Feijoo xa cobrou protagonismo cunha posta que o deixou como o oitavo máis rápido de todos os participantes, incluídos os de categorías superiores.

De feito, foi o elixido para pechar o cuarteto galego e estivo a piques de levalo ao podio, pero Andalucía cubriuse ben, ao deixar ao sub 23 Diego González para esa volta definitiva, na que só cedeu dous segundos e mantivo a renda de pouco máis dun minuto que forxaran os seus compañeiros. Cataluña impúxose con 55.59, rematando Valencia en segunda praza. Feijoo rebaixou en 5 segundos o tempo do sub 23 galegos, Samuel González e en 32 o do elite Manuel Parada.