O Barbadás incorpora a un central e a un dianteiro

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

MONICA IRAGO

Chegan Calzado, da Terceira valenciana, e Cabanyes, que procede do Arousa

28 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Barbadás anunciou onte a chegada de Antonio Calzado, un central cordobés de 25 anos que procede do CD Torrevieja da Terceira valenciana. Ten experiencia en Segunda B co Lucena e pasou polo Antequera, o Écija e pola segunda división islandesa. Desde o Arousa chega o dianteiro madrileño de 24 anos Cabanyes, que xogou no Illescas da Terceira manchega e formouse nas categorías inferiores do Atlético.

Por outra banda, o ascenso cambiou os plans do Arenteiro. Unha parte da planificación, a das renovacións de dez xogadores, mantense e podería haber algunha máis. Agora buscarán xogadores con experiencia e que se adapten ben ao vestiario -Manel considera que foi a base do éxito- aínda que o ven complicado porque o mercado xa está avanzado.