Os sindicatos ourensáns reivindican unha maior seguridade e igualdade

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

A xornada servirá para concienciar sobre a prevención de riscos laborais e a igualdade nos postos de traballo

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Con motivo do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no traballo, os principais sindicatos provinciais -CC.OO, UGT e CIG- convocaron aos ourensáns a saír á rúa para reclamar unha maior seguridade laboral e protestar por unha temporalidade que supón unha «descentralización produtiva» e esta, á súa vez, «convértese nun dos factores que inflúe negativamente nos danos para a saúde». Segundo explicaron en rolda de prensa, en base ao informe de sinistralidade laboral de Galicia en 2016, os mozos e as mulleres «teñen máis probabilidade de sufrir un accidente laboral», algo que relacionan tamén coa desigualdade e a falta de conciliación.

Trátase de aproveitar a xornada para concienciar sobre a prevención de riscos laborais e a igualdade en postos de traballo, aproveitando para pedir que se derrogue a última reforma laboral do Partido Popular.