Adolfo Domínguez experimenta o maior aumento de vendas en seis anos

La Voz

OURENSE

Miguel Villar

A mellora prodúcese desde agosto de 2016 co cambio do equipo de dirección

28 abr 2017 . Actualizado ás 12:05 h.

O resultado operativo (Ebitda) de Adolfo Domínguez SA mellorou un 51,1 % no exercicio anual 2016, segundo as contas publicadas hoxe. O resultado operativo é o que contabiliza o negocio recorrente. A mellora prodúcese desde agosto de 2016, co cambio do equipo de dirección e un novo consello, que logra en só seis meses (setembro 2016-febreiros 2017)  un resultado positivo en 1,1 millóns de euros e un aumento do Ebitda de 10,9 millóns de euros. A compaña con sede en Ourense rexistra o maior aumento de vendas en seis anos, cunha facturación de 110,3 millóns de euros: no conxunto do ano as vendas comparables crecen un 9,2 % (un 8,9 % no mercado español); as vendas totais aumentan nun 4,3% (grazas ao crecemento do 8,9% no segundo semestre e tras o cambio de xestión. Xunto ao incremento de vendas, a baixada de custos permite un aumento da marxe bruta do 13,5 %. No exercicio completo os gastos operativos redúcense un 1,9%. Aproveitando a publicación dos resultados, o modisto ourensán abriu hoxe as portas das súas instalacións no polígono de San Cibrao das Viñas