A faceta máis literaria de Dalí a través de gravados

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

A sede de Afundación acolle unha mostra de traballos do artista universal

09 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Ata o 2 de xullo, na sede Afundación na praza Maior.? Hoxe: de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.??Entrada: Gratuíta? A sala de exposicións Afundación acolle a exposición «Salvador Dalí, contador de historias», conformada por setenta e dous gravados e estampas pertencentes aos chamados ciclos literarios de Dalí. Son períodos nos que a súa produción combina arte gráfica e literaria dando lugar a ilustracións dalgúns dos libros que máis impresionaron ao pintor de Figueres e que permiten un completo percorrido pola iconografía, a simboloxía e a forte personalidade do seu autor. As pezas que se presentan proveñen da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, que colabora con Afundación na realización deste proxecto cultural. Gloria Patón é a comisaria da exposición que coordina Charo Sanjuán. Afundación centra a mirada expositiva en estampas e gravados que viran ao redor de «Pantagruel» de François Rabelais, «Lle bestiaire» da Fontaine e «O enxeñoso hidalgo don Quixote» de Miguel de Cervantes. Afundación deseñou de forma paralela un completo programa didáctico co obxectivo de achegar esta mostra ao maior número de público posible, así como coa finalidade de presentar aos escolares de todos os ciclos educativos a obra dun mestre da arte pictórico contemporáneo. Accións dirixidas a alumnos de ESO e Bacharelato da capital.

A mostra pode visitarse de luns a venres, de 17.30 a 20.30 horas e os sábados, domingos e días festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.