¿Son convenientes novas fusións?


Parece bastante probable que nos próximos meses asistamos a unha nova volta de porca no proceso de concentración bancaria. Si isto finalmente ocorre, probablemente serán o Banco de Santander e o BBVA as dúas entidades que abrirán esta nova etapa de (re)concentración financeira; ademais, haberá que contar tamén co papel que poida xogar Caixabank. Todo parece que estas tres entidades, que xestionan a maior parte do negocio bancario e que levan máis dun ano tenteando o mercado, decidirán si convenlles ou non ampliar a súa dimensión. E aínda está pendente o que vai pasar con Bankia, parcialmente nacionalizada grazas aos 22.000 millóns de euros de diñeiro público. Haberá que ver que ten pensado o Goberno, a través do FROB con esta entidade, que prepara ademais a integración de BMN.

A Comisión Europea tamén vén reclamando a España que fomente a concentración. O Banco Central Europeo é da mesma opinión ao soster a tese de que en España hai demasiados bancos e que algunhas entidades europeas poden ter problemas de viabilidade a medio e longo prazo. Polo tanto, parece moi probable que máis pronto que tarde vexamos como os grandes volven pór os seus ollos en entidades de menor tamaño.

Paralelamente, séguense pechando oficinas e despedindo a traballadores, síntoma inequívoco de que algo vai pasar. Ao anterior hai que engadir que este intenso proceso de consolidación financeira pode xerar algúns efectos negativos, tal e como se sinala nun documento do BBVA Research do 2014. Esta concentración nuns poucos bancos pode xerar preocupación sobre a estabilidade do sistema financeiro, por iso é polo que será recomendable unha maior apertura ao exterior, algo no que coincide co Banco de España. En segundo lugar, apunta que o grao de competencia bancaria pode resultar menor en países desenvolvidos e con bancos moi grandes. No entanto, sinala que este resultado non é aplicable a todos os países; dependen da contorna institucional e do ciclo económico.

É necesario advertir todas estas cuestións á hora de apostar por unha maior concentración.

P

Votacin
7 votos