o reino da choiva

Choros en diferido


Non hai motivos para pensar que as bágoas que derramou onte Esperanza Aguirre, á saída do tribunal, non sexan sinceras. A tensión da declaración, a detención do seu íntimo, ver como se lle pecha o cerco e a retirada de apoio da gran parte do seu partido serían motivos máis que suficientes para que calquera de nós sollozásemos. O que ocorre é que, no caso da lideresa, os gimoteos son en diferido, que diría a súa compañeira de partido, porque tiña que haber lloriqueado dez anos atrás, cando comezou toda esta aventura de enriquecemento e saqueo dos populares madrileños. 

Pode chorar o que queira Esperanza Aguirre, pero faino demasiado tarde. Porque desde o ano 2010 en que se coñeceron as primeiras evidencias dos negocios de González, Granados , López Vello e todo o clan popular, dispuxo de tempo máis que suficiente para informarse, chorar, adoptar medidas, seguir chorando, desprenderse dos corruptos, volver chorar e dicilo publicamente. Pero fixo exactamente o contrario. Pechar os ollos á realidade e defender a quen se facían de ouro á nosa conta. E descualificar a quen os denunciaban.

Resultan emocionantes e enternecedoras as bágoas de onte da lideresa. Por pouco lévanos a todos a chorar desconsoladamente. E defenderiamos a súa dor si non fose porque durante anos se converteu na cabeza visible dunha banda de asaltadores das arcas públicas que nos custaron centos de millóns de euros. Esperanza Aguirre, a que onte chorou, foi a xefa dunha manda de bandoleiros.

Votación
30 votos
Etiquetas