O golpe de man de May


Non cabe dúbida de que a señora Theresa May colleu por sorpresa a propios e estraños ao adiantar as eleccións xerais británicas que estaban previstas para o 2020. A sorpresa é unha condición importante para gañar batallas militares ou políticas. Pero podemos preguntarnos: ¿Que gaña o Partido Conservador con esta manobra? ¿É que estaban tan mal? Pois non, parece que as enquisas lles daban 20 puntos de vantaxe sobre os laboristas. Entón máis ben parece que May non se fía de que no futuro, coa negociación do brexit, as cousas váianlles tan ben. No seu discurso de anuncio das eleccións dixo que o país necesita da unidade e estabilidade para afrontar o brexit. Pero non parece que este sexa o procedemento, porque no pouco tempo que lles deixou tanto os laboristas como os liberais van ter motivos para actuar conxuntamente, e polo de súpeto as negociacións do brexit coa UE vanse ver máis entorpecidas, no medio da confusión electoral. Así, deixou plantados aos europeos, que é de supor actúen en consecuencia para defender os nosos intereses, porque xa sabemos que nestes tempos revoltos poden pasar moitas cousas, tanto en Europa como no Reino Unido.

Votacin
11 votos