Nacho Llovet: «Esta concentración é un premio»

ALBERTO GONZÁLEZ LA VOZ / SANTIAGO

ANDAR MIUDIÑO

XOAN A. ADOITAR

Di que o Obradoiro xa «está perfilando o persoal e temos ganas de empezar»

23 jul 2017 . Actualizado ás 15:21 h.

O obradoirista Nacho Llovet está en Málaga ao ser convocado pola selección española de Scariolo. Leva desde o día 16 e a concentración finalizará mañá. A selección definitiva para o Eurobasket concentrarase do 28 de xullo ao 6 de agosto en Madrid. Cinco ou seis xogadores que están a adestrar agora en terras andaluzas terán a oportunidade de recibir a chamada do seleccionador para completar o grupo de adestramentos.

?Foi unha sorpresa esta chamada?

?Si, foi unha boa sorpresa. Sempre che fai ilusión participar nunha concentración así e que conten contigo. Iso é que fixeches un bo traballo durante o ano. É un premio para min e veño con moita ilusión.

?Ten algunha opción de quedar?

?Cando se fala dunha concentración da selección B sempre hai unha posibilidade de quedar. Pase o que pase, estou moi contento e moi motivado.

?Como é o grupo?

?É un grupo grande de traballo desde o que só un ou dous van ir ao Eurobasket. Hai oito xogadores de NBA e un par de veteranos que son fixos. Temos unha selección española de primeiro nivel mundial.

?Está pendente da actualidade do Obradoiro?

?Si, xa vai tomando forma o equipo. Falta un aleiro e algún cinco ou algo parecido. Vaise perfilando o persoal e xa temos ganas de empezar.

?A idea é sufrir menos, non?

?O obxectivo era estar nunha posición máis cómoda. Tiñamos equipo para estar máis arriba, pero sufrimos moitísimos contratempos. Cambiar tanto de xogadores complicounos moito as cousas e faltounos maior estabilidade.