Pepe Pozas: «Gústame que sintan que son un máis desta familia»

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO SANTIAGO / LA VOZ

ANDAR MIUDIÑO

SANDRA ALONSO

O base malagueño asegura que se sente «moi feliz» por estar unha tempada máis no Obradoiro

10 jul 2017 . Actualizado ás 20:26 h.

Pepe Pozas aterrou en Sar na tempada 2014/2015. Tres cursos despois, o capitán do Obradoiro recoñece a súa gran satisfacción por ampliar o seu compromiso co conxunto da capital galega por unha campaña máis. O base malagueño asegura que se sente «moi feliz por poder estar unha tempada máis co Obradoiro, compartir equipo cos meus compañeiros e contento de que teñan confiado en min un ano máis para pertencer a este equipo».

Pozas afrontará a súa cuarta tempada consecutiva no club e por iso sinala que «é un orgullo». Entende que «hoxe en día é moi complicado estar tanto tempo nun club. A unión entre xogadores, adestradores, afección e club para min é moi importante e gústame que o sintan así. Que sintan que son un máis desta familia. Cumprir tantos partidos co Obradoiro será un orgullo».

O andaluz sinala que continuará traballando tanto dentro como fóra da cancha e que o seu obxectivo é ser moi próximo a todos os mozos novos que chegarán. «Moitos serán novos na Liga e algúns non coñecerán a ACB. Hai que estar pendentes deles para que aprendan e acomódense canto antes. Dentro da pista quero seguir facendo o meu traballo, que é o que me pida Moncho. Quero devolverlle a súa confianza con nivel».