O Obradoiro evita cargar as tintas sobre as arbitraxes

Manuel García Reigosa
M. G. REIGOSA SANTIAGO / LA VOZ

ANDAR MIUDIÑO

PACO RODRÍGUEZ

Whittington e Llovet poñen o foco nos erros puntuais e a falta de acerto como base para intentar mellorar

26 abr 2017 . Actualizado ás 08:30 h.

Poucas veces un expediente como o de Hierrezuelo, Mas e Martínez Fernández concita tanta unanimidade nas críticas. E, como adoita ser norma no vestiario do Obradoiro, ninguén alimentou a polémica. Os xogadores, á hora de analizar a derrota, puxeron o foco no xogo, sen expresar unha queixa respecto das decisións arbitrais.

«O seu traballo é pitar e o noso é xogar ?apunta Whittington?. Nós non o fixemos ben. Si un pouco, pero non o suficiente. Perder tiros é parte do xogo. Estou seguro de que os meteremos no seguinte partido».

A análise é moi similar ao realizado por Llovet: «Seguro que houbo algún erro arbitral, igual que os cometemos nós. Non creo que nos prexudicaron especialmente. Confío no que poidamos REVISAR facer nós. Tivemos algún erro defensivo que hai que mellorar. É o que temos que mirar. Nos momentos decisivos eles tiveron o acerto que nos faltou a nós, sacando tiros abertos, que todos quereriamos. Esta vez non entraron e a eles si. Neses momentos, o acerto é determinante. Non tivemos esa sorte. Fóisenos unha oportunidade de pór dous partidos de distancia co descenso. É unha mágoa. Quedan catro xornadas e hai que pensar xa na seguinte. O que temos claro é que hai que gañar algún máis para salvarse. Niso imos traballar e niso estamos».

Volvendo ao partido ante o Murcia, pon de novo o acento no acerto, nos ataques que non acabaron en canastra no terceiro cuarto cando o Obra gañaba de cinco: «Foi a diferenza respecto de Bilbao. Alí entraron. Aquí, estabamos a defender ben e sacando bos tiros, pero non nos acompañou a puntería».