Antón de Santiago pon música a poemas galegos

La Voz

SANTIAGO

Paco Rodríguez

O libro foi presentado no CGAC e incluíu un concerto

29 abr 2017 . Actualizado ás 17:49 h.

O cantante e compositor Antón de Santiago presentou no CGAC o seu libro Cantigas líricas galegas, no que propón novas músicas para poesía escrita en galego. Así, recolle partituras compostas sobre textos poéticos propios e de autores como Manuel Curros Enríquez, Federico García Lorca, Fermín Bouza Brey, Ramón Cabanillas, Luis Pimentel, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramiro Fonte, Celso Emilio Ferreiro ou Álvaro Cunqueiro, entre outros.

Tras a presentación do libro, editado por Edición Fervenza, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebrouse un concerto no que se interpretaron algunhas das pezas incluídas na publicación. Actuaron os pianistas José Manuel Yáñez, Alejo Amoedo e Juan Durán, así como as sopranos Victoria Álvarez, Cristina Suárez e Carla Romalde, o tenor César Torres e o barítono Eliseu Mera. O libro inclúe partituras para canto e piano e tamén para agrupacións corais.