O fisco luso tamén investiga a ronaldo

Begoña Íñiguez

MERCADOS

16 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A Facenda portuguesa estreitou o cerco sobre os negocios, no país, do coñecido empresario Jorge Mendes, brazo dereito de Cristiano Ronaldo, a quen xestiona a súa carreira e negocios publicitarios. A noticia saltou esta semana nos principais xornais deportivos de Lisboa e O Porto, e non foi desmentida, nin polas Finanças lusas nin polo círculo do empresario. A investigación centraríase, segundo a prensa portuguesa, nos negocios que levou a cabo Mendes, os últimos tres anos, con 13 clubs de fútbol luso, como o Benfica, O Porto e Sporting de Lisboa, e a suposta creación de sociedades en paraísos fiscais, aos que se mandarían os dereitos de imaxe dos seus xogadores en Portugal.