«É moi bonito que Galicia, onde empezamos, recoñézache»

La Voz

MERCADOS

Máis de 30 anos á fronte do Grupo Darlim proporcionáronlle ao empresario a oportunidade de pór en valor o tecido empresarial galego

22 sep 2016 . Actualizado ás 12:33 h.

Máis de 30 anos á fronte do Grupo Darlim proporcionáronlle ao empresario Indalecio Cuevas a oportunidade de pór en valor o tecido empresarial galego. Orgulloso dos fitos conseguidos pola súa compaña e apoiado polo seu fillo Saúl Cuevas , segue ilusionado coa proxección da compaña que atende a día de hoxe a máis de 4.000 clientes.

-Que supuxo para a súa empresa gañar o Premio á Peme con Historia?

-Para nós foi unha dobre satisfacción recibir este recoñecemento. Primeiro porque vén outorgado polo que é para nós un medio de comunicación de referencia como é La Voz de Galicia e segundo, porque o entrega tamén unha entidade financeira galega, como é o Banco Pastor. É moi difícil de explicar o que sentimos, é moi bonito que Galicia che recoñeza, o lugar onde empezamos e onde está o noso patrimonio principal.

-Que destacaría da súa empresa tras 30 anos de traxectoria?

-Sobre todo o equipo humano, tamén para eles é este recoñecemento.

-Como ven ás empresas galegas?

-Creo que estamos nun momento máis estable. A crise xa puxo moitas cousas no seu sitio e creo que os que fomos capaces de superar esta crise, quedamos vacinados. O que necesitamos as empresas agora é estabilidade política para que poidamos REVISAR seguir arriscando.