Patrocinado por Patrocinadopor

O Goberno demora unha semana máis a aprobación da reforma do sector da estiba

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ, AXENCIAS

SOMOS MAR

Javier Lizon | EFE

O Consello de Ministros de onte non abordou o real decreto que implantará unhas novas regras de xogo para o gremio

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A reforma do sector da estiba terá que agardar polo menos unha semana máis. Finalmente, o Consello de Ministros de onte non abordou o real decreto que implantará unhas novas regras de xogo para o gremio. Incluirá a proposta de mediación sobre a negociación social de patronal e sindicatos, que inclúe axudas do Goberno por 120 millóns.

Fomento elaborou un novo real decreto despois de que o Congreso tombase a mediados de marzo o primeiro texto.

Coa reforma da estiba, o Goberno pretende cumprir coa normativa europea e evitar unha sanción do Tribunal Superior de Xustiza da UE, pero tamén romper o monopolio polo que actualmente se presta este servizo e fomentar así a competitividade dos portos.

Mentres, as estibadoras dos portos españois están convocadas a un encontro que terá lugar mañá domingo no porto de Valencia co fin de reivindicar o seu papel e peso no sector, segundo informou a Coordinadora de Traballadores do Mar, principal sindicato do ramo. Con este primeiro encontro de estibadoras preténdese dar «visibilidade ao traballo das mulleres estibadoras, tantas veces ninguneado polo Goberno no proceso de reforma do sector en España».

O sector, que suma 6.150 traballadores repartidos polos distintos portos, emprega a 305 mulleres, máis as que teñen contratos eventuais.

Os portos españois canalizan o 86 % da mercancía que entra no país, e 60 % das exportacións.