Patrocinado por Patrocinadopor

Galicia pide que a UE «corrixa a dobre sanción» dos buques en caso de sanción

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

PACO RODRÍGUEZ

Recibiu os votos favorables de todos os grupos coa única excepción do BNG, que se abstivo, na comisión de Pesca do Parlamento

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Parlamento galego aprobou onte, a instancias do PPdeG, esixir á Unión Europea que «corrixa a dobre sanción» á que poden estar sometidos os buques en caso de cometer faltas na súa actividade pesqueira.

Esta proposición non de lei recibiu os votos favorables de todos os grupos coa única excepción do BNG, que se abstivo, na comisión de Pesca do Parlamento.

O obxectivo da iniciativa é aproveitar que a reforma do regulamento comunitario sobre o control de flotas atópase na denominada fase de trílogos (reunións do Parlamento, o Consello e a Comisión Europea) para requirir a «flexibilización» deste apartado. Esta dobre sanción daría como resultado que un buque non poida faenar durante un ano no seu caladoiro habitual se é condenado a unha infracción grave polo seu Estado. «Sería inviable economicamente para calquera buque», argumentan os populares.

Ademais, a mesma comisión de Pesca acordou por unanimidade pedir á Xunta que continúe coa elaboración periódica de información socioeconómica do sector pesqueiro. Estes datos serán remitidos ao Parlamento para que poidan ser analizados polos grupos.