Patrocinado por Patrocinadopor

Aprehenden 527 quilos de ourizo e 475 de vieira na Coruña e Ferrol

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

O da ría ferrolá foi o maior comiso da especie

23 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O venres foi un día produtivo no control da fraude no mar, xa que a Garda Civil e os Gardacostas, con sede na Coruña, aprehendieron, respectivamente, 527 quilos de ourizo e 475 de vieira.

O primeiro comiso produciuse cando axentes do Servizo Marítimo e da Sección Fiscal do peirao coruñés de Garás observaron durante a mañá tres embarcacións que descargaban as súas capturas directamente a un camión, sen pasar pola lonxa da Coruña. Tras interceptar o vehículo e comprobar que a carga (527,5 quilos de ourizo) carecía de documentación de transporte, devolveron ao mar as capturas, que aínda estaban con vida.

Pola súa banda, os Gardacostas aprehendieron na enseada de Nande, na ría de Ferrol, 475 quilos de vieira, equivalentes a 1.700 unidades, no maior comiso da especie. As capturas estaban fondeadas na ría, sinalizadas cunha botella amarela, listas para a súa recollida.