As sentenzas foron ditadas polo Xulgado de Instrución número 2 de Vilalba
27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.Senllas sentenzas do Xulgado de Instrución número 2 de Vilalba obrigan ao Banco Popular a devolver 52.000 euros, 40.000 nun caso e 12.000 noutro, que unha veciña de Vilalba e un matrimonio de Xermade investiron en bonos convertibles. A dos 12.000 euros, foi ratificada pola Audiencia Provincial. En ambos os casos, ademais, o banco deberá entregar o interese legal desde a subscrición (8 e 3 de outubro do 2009 respectivamente), e os demandantes, os bonos recibidos en troco e o rendemento percibido. Na sentenza dos 12.000 euros recóllese que o banco omitió á clienta características e riscos do produto e só deu información fiscal, sen «datos de especial interese» para a súa comprensión. Na outra se sinala que os clientes carecen «de estudos» e que nunca contrataron produtos de risco.