«O mellor é tocar a gaita nun escenario e ver que o público interactúa»

T. TABOADA LUGO /LA VOZ

SARRIA

ALBERTO LÓPEZ

López é a segunda muller da provincia co título superior de instrumentos de música tradicional e popular de Galicia

13 jul 2017 . Actualizado ás 10:28 h.

É a segunda muller da provincia de Lugo que conta co título superior de instrumentos de música tradicional e popular de Galicia. Carmen López (O Incio, 1992) ven de rematar os seus estudos no Conservatorio de Vigo.

-Moi contenta, non?

-Si. Son moitas horas de dedicación, de ensaios e de andar dun lado para outro. Vivía en Lugo, estudaba en Vigo, impartía clases en varios sitios da capital lucense... e iso requiriu o seu esforzo.

-Cree que está recoñecida esta titulación?

-Sí. Penso que cada vez mais.

-Cree que é posible vivir de tocar a gaita?

-Penso que non é viable. Eu estou meditando o meu futuro. Unha das opcións que barallo é opositar, porque fixen o grado de educación primaria en música.

-Que actividades levas a cabo?

-Dou clases de gaita en Sarria, en aula e academias de música e tamén imparto canto e pandeireta

-Que é o mellor da gaita?

-O mellor é tocar a gaita nun escenario e ver que o público interactúa.