Accidente dun camión cargado con palés de leite na A-6

Tania Taboada

O Corgo

Tivo lugar á primeira hora da mañá no Corgo

21 jul 2017 . Actualizado ás 23:43 h.

Un camión cargado con palés de leite saíuse da vía esta mañá na A-6. O accidente produciuse sobre as nove menos cuarto, á altura do quilómetro 479, no termo municipal do Corgo, na incorporación de Gomeán á autovía. O camión articulado perdeu a carga e esta quedou esparexida pola beiravía, aínda que a circulación non se viu afectada.