Ferido un condutor tras envorcar a furgoneta que conducía na A-6, en Outeiro de Rei

Tania Taboada

LUGO CIDADE

carlos castro

O accidente produciuse despois de que a furgoneta, cargada de diverso material, adiantase a un camión

20 jul 2017 . Actualizado ás 17:21 h.

Un condutor resultou ferido leve esta tarde ao envorcar a furgoneta que conducía na autovía A-6, ao seu paso polo municipio de Outeiro de Rei. O contratempo produciuse pasadas as catro da tarde logo de que o condutor da furgoneta, modelo Ford Transit e matrícula de León, adiantase a un camión pertencente a unha cadea de supermercados e envorcase. O vehículo sinistrado ía cargado de roupa e de xoguetes e circulaba en sentido Madrid.

 Ao lugar dos feitos acudiu unha patrulla de Tráfico, unha de seguridade cidadá, os bombeiros e unha ambulancia. O home foi evacuado ao HULA e en principio o seu estado é leve.