Un local en San Roque que se compromete a que os seus clientes non saian con fame

LUGO CIDADE

ÓSCAR CELA

Prezos low cost nun local especializado en xamón asado

18 jul 2017 . Actualizado ás 20:08 h.

Fartura, San Roque, esquina Pena do Rei • Belén Moreno Castro estaba cansa de opositar -aprobou dúas veces sen praza- e de buscar traballo. Por iso decidiuse a montar o seu propio negocio de hostalería. Trátase de Fartura, en San Roque, esquina a Pena do Rei, un local que fai gala ao seu nome e do que ninguén se vai con fame. Pode aplacala aínda que sexa cunha simple tapa, de tamaño XL. O local abriu coincidindo co  Arde Lucus, coa filosofía de prezos «low cost», pero con produtos de calidade, segundo asegura Belén Moreno. A especialidade é o xamón asado, que prepara ela mesma na cociña do establecemento, con patacas, en tapa, en bocadillo ou en racións, e o touciño entrefebrado afumado. «Non beicon, que hai moita diferenza», asegura. Tamén ten táboas de queixo con embutidos ibéricos.

 Seguindo a súa filosofía «low cost» pódese almorzar un café cun minibocadillo, a euro ou un bocadillo de tamaño XI, cun refresco, a 3,50 euros. As tapas e as táboas sérveas en pratos de madeira, elaborados en Aspnais.