Recursos para a integración social

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

oscar cela

Alumnos de elaboraron Formación do Profesorado material didáctico que se doou á oficina da ONCE en Lugo

27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Alumnos do último curso do grao de elaboraron Mestre de Educación Primaria material didáctico e educativo dentro do proxecto denominado Aprendizaxe-Servizo (ApS), que se desenvolve na Facultade de Formación do Profesorado en colaboración coa ONCE. Diversos xogos, calendarios, quebracabezas e contos táctiles escritos en galego e en españo usando o método Braille son algúns dos materiais que se confeccionaron. Nenos con problemas de cegueira ou de discapacidade visual ou con deficiencias de audición e de visión poden usalo. Persoal especializado da ONCE asesorou aos alumnos no proceso.

O acto de entrega do material tivo lugar onte pola mañá, con asistencia do decano da facultade, Francisco Rodríguez Lestegás, da profesora do centro María José Fiuza e do responsable da axencia administrativa da ONCE en Lugo, Roberto Doval. A elaboración deses recursos educativos e a súa doazón reflicten, como se puxo de manifesto no acto de onte, a colaboración da Facultade de Formación do Profesorado coa ONCE.

Destrezas

Co proxecto ApS, indicou Fiuza, desenvólvense as destrezas académicas de xeito dinámico e contribúese a formar un pensamento crítico e reflexivo.