Deteñen en Vilalba á presunta autora dunha fraude con cartóns

X. R.Penoucos LUGO .

LUGO CIDADE

Tamén detiveron a un veciño de Cospeito por presunta apropiación indebida dun turismo

27 abr 2017 . Actualizado ás 14:01 h.

A Garda Civil detivo en Vilalba a unha veciña desta localidade de 46 anos como presunta autora dun delito de uso fraudulento dun cartón de crédito. A investigación iniciouse tras presentar o prexudicado unha denuncia por retirarlle 500 euros do seu cartón en varias operacións. A muller foi posta a disposición xudicial.A Benemérita imputa en calidade de investigado a un veciño de Vilalba de 23 anos como suposto autor dun delito de apropiación dun teléfono móbil. Foi posto a disposición xudicial.

Por outra banda, un veciño de Feira do Monte (Cospeito) de 56 anos foi imputado en calidade de investigado como suposto autor da apropiación indebida dun turismo. Os feitos producíronse o pasado 24 de marzo cando o pasado día 24 o investigado apropiouse dun vehículo propiedade dun terceiro sen a súa autorización. O home foi posto a disposición xudicial.