Dolores Guerrero , de pintora autodidacta á abstracción

LUGO CIDADE

A creadora lucense expón ata finais de mes as súas últimas obras na Casa de Galicia

25 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Do mesmo xeito que sucede noutras facetas da arte, chegar á pintura pode facerse de moitos xeitos, pero talvez a sensibilidade, a perda de medos persoais e o esforzo son constantes que serven para aqueles que ou ben proceden da academia ou desde unha posición autodidacta.

Neste último caso podemos incluír á artista Dolores Guerrero (Lugo, 1951), actual delegada en Lugo da Asociación Española de Pintores e Escultores, e que ata o 28 de abril presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa última exposición. «Cheguei a un momento no que empezo ante o lenzo e todo flúe, sáenme as cousas da alma», explica esta artista feita así mesma.

A mostra de Madrid, unha recompilación das súas últimas obras, leva por título «Alboradas», e na súa presentación estivo a que foi presidenta dos críticos de arte, Rosa Martínez de Lahidalga, quen destacou na obra de Guerrero «unha abstracción lírica que produce sensación de calma e benestar e poética».

Toda unha gabanza para a obra dunha muller que un bo día recoñece que abandonou un traballo que lle gustaba, a formación de adultos, para dedicarse en serio ao mundo da arte, «que era a miña ilusión», e mesmo á escritura.

Futuro

A propia Guerrero sinala que non sabe se no futuro continuará por esta liña de abstracción. Recoñece que comezou a súa traxectoria artística cun ton «naif», con paisaxes, pero a súa evolución halle levado a crear cadros «limpos» e cheos de «sensacións».