O frío golpea o interior, con caídas nas máximas de ata quince graos en 48 horas

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

LUGO CIDADE

Temperaturas máximas
La Voz

A comunidade quedará hoxe baixo a influencia dun corredor de isóbaras que traerán aire frío e húmido do norte

25 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

En Lugo, Ourense e Santiago os termómetros caerán mañá con respecto ao pasado luns 15, 14 e 10 graos, respectivamente. O motivo é que a comunidade quedará hoxe baixo a influencia dun corredor de isóbaras que traerán aire frío e húmido do norte. Así, haberá chuvascos -que poden ser de neve no interior de Lugo a partir dos 1.000 metros de altitude na madrugada de mañá- e ceos cubertos. O tempo inestable manterase ata o mediodía de mañá, e a partir de aí comezar a estabilizar as temperaturas, para subir lixeiramente o xoves.

A situación na Galicia costeira será algo máis clemente. Por exemplo, na Coruña só baixará tres graos, mentres que en Pontevedra e Vigo serán cinco. Algo máis notarase en Ferrol, oito graos desde onte luns a mañá mércores. Fronte a isto, a situación do interior resulta máis molesta. En Lugo pasarase dos 26 graos de máxima de onte aos 11 mañá, un frío considerable; en Ourense estarase máis tépedo, dos tórridos 29 do luns aos frescos 15 graos; e finalmente en Santiago a caída será máis moderada, pero aínda así se pasará dos 24 aos 14 graos en 48 horas.

Despois da fochanca de media semana, o xoves as temperaturas mellorarán lixeiramente: en Ourense e Vigo quedarán con 19 graos; Pontevedra chegará aos 20; A Coruña, Santiago e Ferrol terán que conformarse con 16; e en Lugo mellorarán aos poucos, con só 14 graos.