O vento causa varias incidencias nas estradas de Lugo

Tania Taboada

LUGO CIDADE

19 abr 2017 . Actualizado ás 22:10 h.

Caída de ramas e árbores en varias estradas e algún accidente de circulación sen feridos. É o balance dunha tarde onde o vento non pasou desapercibido. A costa lucense está hoxe en aviso laranxa por fortes refachos de vento. A ventolera, que nalgún punto da Mariña acadou os 70 quilómetros por hora, causou varios contratempos.Todos eles están relacionados coa caída de ramas e árbores na rede de estradas secundarias. As principais incidencias rexistráronse nos puntos quilométricos das seguintes vías: 10 e 18 da LU-861; no 48 da AG64; no 12 da LU-541; no 29.600 da N-642; no 26 da LU-540, na LUP 1702, entre outras.