Morre un home en Vilalba esmagado por un carballo

Tania Taboada

LUGO CIDADE

O home estaba tallando unha árbore nunha leira da súa propiedade e situada a uns 300 metros da súa casa

19 abr 2017 . Actualizado ás 22:29 h.

Un home, Francisco Manuel G.F, faleceu esta mañá en Vilalba tras ser esmagado polo carballo que tallaba. O suceso ocorreu sobre as 11:45 horas,en Mourence, no Coto, nunha leira da súa propiedade e que se atopaba a uns 300 metros da súa casa. O home estaba só no momento do accidente e parece que foi o seu pai o que o atopou. O 112 Galicia requiriu a intervención dos Bombeiros de Vilalba, Garda Civil e de Protección Civil. Tamén foi avisado o helicóptero quen xa non tivo que intervir dado que o home faleceu practicamente no acto.