A rede de auga en mellorarase con 500.000 euros de investimento

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

CASTRO DE REI

Augas de Galicia executará a obra, que inclúe a colocación de nova condución nalgúns tramos

27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de espera Castro de Rei para dentro de varias semanas o inicio das obras de mellora da condución da rede de abastecemento de auga en varias zonas do municipio. O principal núcleo de poboación, Castro de Ribeiras de Lea, e o seu polígono industrial serán dúas das zonas beneficiadas. O investimento será de 500.000 euros, e executaraa Augas de Galicia, que contará con fondos do programa comunitario Feader para o seu financiamento.

Os traballos consistirán na construción dunha nova condución en varios quilómetros, con inicio nas inmediacións da Granxa Gayoso Castro. O novo abastecemento irá paralelo ao actual, e da súa construción non só se beneficiarán o centro urbano de e Castro de Ribeiras de Lea o parque empresarial senón tamén parroquias limítrofes.

Varios quilómetros

Segundo as impresións do goberno local, que asinou un convenio con para Augas de Galicia a execución da obra, a construción dun novo tramo de condución, con varios quilómetros de lonxitude, debe de servir para evitar fugas e fallos de presión que se estaban dando desde facía anos. Nos pisos altos de edificios de presentáronse fallos en diversas ocasións.

Eses problemas de subministración non procedían de falta de reservas senón de deficiencias no sistema de abastecemento. Doutra banda, o polígono industrial de está Castro de Ribeiras de Lea a empezar a ampliarse, co que se agarda atender a demanda de novas empresas que se instalen no recinto.