Arde na A-6 un camión de paquetería

Tania Taboada

LUGO

Óscar Cela

Ocorreu de madrugada á altura de Pedrafita

15 jul 2017 . Actualizado ás 18:32 h.

Un camión articulado que transportaba paquetería ardeu esta madrugada na A-6, á altura do quilómetro 435, no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro, en dirección Madrid. Ocorreu sobre as 00.22 horas. A autovía quedou cortada e o condutor resultou ileso. Ao lugar do accidente trasladáronse o GES de Becerreá, unha patrulla de Seguridade Cidadá Becerreá e outra do destacamento de Tráfico de Lugo. Colocáronse desvíos alternativos sinalizados mediante paneis e axentes.