Jorge Prado reina en Italia

LUGO

CEDIDA

O piloto lucense sobe todo o máis alto do podio no circuíto do Mundial en Pietramurata

16 abr 2017 . Actualizado ás 17:55 h.

Jorge Prado conquistou o seu primeiro cirucito no Mundial de motocrós. O piloto lucense impúxose en Pietramurata, quinta proba da competición para MX2. Fíxoo tras unha segunda manga impecable na que desbancou a Jonass, o seu compañeiro de KTM e o único capaz de superarlle pola mañá.

As sensacións eran dificilmente superables onte, nas mangas clasificatorias. Prado foi terceiro, recuperando o pulso perdido en México, onde os problemas estomacais lle condicionaron nunha actuación máis que discreta e embazaron a súa actuación en Arxentina. No circuíto de Neuquen (Patagonia) foi segundo e acadou o seu primeiro podio na cita internacional.

O ouro cultivado esta tarde reivindícalle como un dos pilotos a ter en conta no calendario do Mundial.