CONTIDO PATROCINADO

Adegas Marqués de Vizhoja estrea tempada de verán

Trátase dunha aposta por chegar ao público máis novo a través da combinación de enoloxía, música, diversión e termalismo

15 jun 2017 . Actualizado ás 01:45 h.

Adegas Marqués de Vizhoja mostra esta tempada o seu lado máis humano cunha imaxe máis persoal e fresca que aposta por xerar experiencias da man do enoturismo. Unha visita á adega e os seus viñedos, un paseo polos xardíns do Pazo Torre A Moreira, un tratamento termal acompañado por viño ou unha escapada en barco polas rías galegas gozando do viño branco galego Marqués de Vizhoja. Todo nun vídeo que fala de verán, de gozar dunha #vizhojaexperience como aliciente para descubrir a Galicia máis tradicional e innovadora á vez que busca dar a coñecer a forma que os galegos teñen de gozar da vida. Secuencias que foron protagonizadas por persoas con identidade propia que senten e gozan a esencia da adega e que forman parte da familia Vizhoja: empregados, amigos ou colaboradores que son os mellores embaixadores da marca.

O vídeo con que Adegas Marqués de Vizhoja abre a campaña de verán expón un contido audiovisual promocional de carácter corporativo que refrescará os valores de marca onde a filosofía é axuntar esforzos para crear novos vínculos, cun novo mercado para Adegas Marqués de Vizhoja e expor novos estilos de consumo xerados polas tendencias de lecer e viaxes. Unha campaña que achegará novos valores á marca e xerará accións enoturísticas onde se incluirán visitas á adega, termalismo, cultura da noite, 'Agosto na Ría Marqués de Vizhoja' (concerto e maridaxe nunha goleta de madeira)... novas tendencias para pasalo ben nun paraíso como é Galicia.

Viños novos con identidade para un público ávido de experiencias que aposta pola calidade. Viños con historia para momentos inesquecibles. #vizhojaexperience é o plan perfecto: aúna enoloxía, termalismo, viaxes, catas, navegación e paisaxes de Galicia. Porque a mocidade é unha actitude; é coñecer o que nos gusta, é compartir, é descubrir, é caer na tentación, é decidir novos rumbos, é empezar novos camiños.

Verán Marqués de Vizhoja.

Enoturismo e packs que combinan:

- Visita en barco ás Illas Cíes

- Aloxamento e spa en Balneario Mondariz

- Actividades culturais

-Visitas a Adegas Marques de Vizhoja.

RAQUEL CALVIÑO

Agosto na Ría Marqués de Vizhoja.

Terceira edición do festival musical “Agosto na ría Marqués de Vizhoja”. Oito postas de sol (todos os venres e sábados de agosto), na Ría de Vigo, para gozar de actuacións musicais en directo e a degustación do viño branco galego Marqués de Vizhoja acompañado da mellor gastronomía.

A bordo dunha goleta de madeira que servirá de escenario, coas Illas Cíes de fondo, o mar, a música e o viño serán coprotagonistas xunto cos músicos e os asistentes nun ambiente estival único. Os concertos terán saída desde O Náutico de Vigo, todos os venres e sábados de agosto desde as 20:00 ata as 00:00 horas. As entradas poderán ser adquiridas en ATAQUILLA.

Vendima

-Unha experiencia na adega.

O enoturismo, unha viaxe aos sentidos

Unha das variedades de turismo que máis de moda está na actualidade é o enoturismo. O turismo do viño está a vivir un gran auxe nos últimos tempos xa que cada vez son máis as persoas que queren combinar a súa paixón polo viño con novas experiencias turísticas: visitas a adegas, paseos por viñedos, ou actividades ao aire libre nas que o viño cobra un papel protagonista. Mostra da boa saúde do sector son os últimos datos facilitados pola Asociación Española de Cidades do Viño (Acevin), que sinalan un crecemento do enoturismo dun 21% no último ano en España, con 2,7 millóns de visitantes, 471.469 máis que no ano anterior.