CONTIDO PATROCINADO

Mábaka, os profesionais da barbería con 40 anos de experiencia

A firma ten salóns propios, franquiciados, ofrece formación a profesionais e conta cunha central de compras e asesoría específica

29 may 2017 . Actualizado ás 18:58 h.

O Grupo Mábaka é o resultado da iniciativa empresarial de perruqueiros con máis de 40 anos de experiencia no sector, achegando un coñecemento moi profundo a todos os colaboradores e clientes.

A marca Mábaka, nace en 2012 en Santiago de Compostela como resultado de mesturar un concepto de negocio único dentro do sector cuns resultados excelentes e a capacidade formativa do seu equipo de profesionais. Isto dá lugar á creación das Franquías Mábaka, co obxectivo de facilitar a implantación de establecementos onde os socios franquiciados benefícianse dunha metodoloxía de traballo contrastada e efectiva, converténdose en negocios de referencia, comercializando produtos premium profesionais, recibindo formación e asesoramento continuos.

O seu fundador e director, Manuel Bandín, fálanos sobre a expansión do grupo: «Creemos que este crecemento ha de ser sostible e controlado, onde poidamos REVISAR achegar a nosa experiencia e coñecementos aos nosos colaboradores para que poidan desenvolver dunha forma eficiente e máis segura o seu negocio».

Actualmente, o Grupo Mábaka goza de gran recoñecemento no sector. A marca crece a través de diferentes liñas de negocio complementarias: salóns propios, salóns franquiciados e asociados, formación a profesionais, central de compras e asesoría específica. Diferentes áreas de negocio que conseguen a consolidación do Grupo Mábaka como empresa referente de ámbito nacional no sector de barbería.

Desde Mábaka creen profundamente na necesidade de achegar valores positivos á sociedade que nos rodea e é por iso que colaboran activamente en diferentes accións e patrocinios (sociais, culturais e deportivos).

Entre estes, atópase o lado solidario. E por iso, organizan a 1ªXornada de Barbería Solidaria levando a pé de rúa o seu concepto de barbería e método de asesoramento, a beneficio da Organización Compostelá «Cociña Económica». Unha iniciativa na emblemática Praza Vermella o martes 9 de Maio desde as 16 horas ata 20 horas, onde todos os servizos ofrecidos polos profesionais serán a cambio única e exclusivamente de alimentos non perecedoiros destinados a esta institución.

Por outra banda, tamén participa activamente na creación dos 1º Premios de Barbería Galegos que se realizarán no mes de novembro en Vigo. Evento que ten por obxectivo ser o dinamizador da barbería galega