Unha nova centenaria en Sober

La Voz

SOBER

Pura Díaz Páramo súmase aos veciños que xa cumpriron o século

25 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Pura Díaz Páramo acaba de engrosar a lista dos veciños de Sober que cumpriron un século de idade. O alcalde Luis Fernández Guitián visitouna no seu domicilio para felicitala polo seu aniversario e entregarlle un agasallo en nome todos os veciños. A centenaria naceu na localidade do Vilar, pertencente á parroquia de Santiorxo, na que segue vivindo na actualidade. Ten un fillo e dous netos. O sábado haberá na parroquia unha festa popular para celebrar o seu aniversario. O municipio conta con nove veciños centenarios -sete homes e dúas mulleres- e hai outros tres que tamén cumpren un século este ano